jueves, 1 de julio de 2010

O DOMINGO 27 de Xuño desfrutamos da primeira saida da iniciativa de Natureza Galega.Percorrimos os camiños sombrizos que acompañan ao río e
descobrimos máis dun segredo. Primeiro observamos a diversidade da arborada;amieiros( Alnus glutinosa),Salgueiros ( Salix atrocinerea) e freixos ( Fraxinus angustifolia).Os fentos reais (Osmunda regalis) abrollaban con enerxia creando grandes selvas no medio da auga.Un dos nosos retos foi capturar en escenas a parella de gaiteiros ( Calopterix virgo), pero a femia de cor bronce semellaba máis esquiva. Unha das maiores sorpresas aconteceu cando unha nena descobre o esvarar silencioso do escancer ( Anguis fragilis), despois dun pouco de terror por parte dalgunha participante o tivemos entre os dedos e aprendimos do seu inocente xeito de ser. Cando cruzabamos por unha ponte de pedra nos paramos a observar os zapateiros ( Gerris sp) que cazaban pèquenos insectos e entre as follas secas atopamos unha cobra de colar xuvenil morta ( Natrix natrix) , outra vez un pouco de terror pero todo solucionado.Contamos con vós para a próxima saída, onde nos espera moito que aprender e desfrutar xuntos.

Cobra de colar na Barosa